Andrea Lamas (2006) e Mateo Castro (2006), José Manuel Negreira (2006), Sergio Suárez (2006) e Diego Grille (2005) son os cinco atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros que tomarán parte esta fin de semana nos Campionatos Galegos Sub18 ao Aire Libre. Farano nas instalacións do C.G.T.D. de Pontevedra con motivo do Campionato Xunta de Galicia Sub 18 Individual e de Combinadas. Tod@s eles-as acoden á proba coa intención de mellorar as suás respectivas marcas persoais, Andrea, Mateo e Diego nos 200 e 400 m.l., José Manuel nos 800 m.l. e o concurso de altura e Sergio nos 100 m.l. e o concurso de peso; os nosos catro mozos correrán tamén a substitución por equipos dos 4 x 100 m.l. Compre salientar ademáis que no día de hoxe outros catro dos nosos atletas sub 16 e sub 14 tomaron parte en Elviña na 4ª Xornada do Coruña Corre en Pista onde Michel Núñez na categoría de 14 anos cun rexistro de 2.58.13, Saúl Abelenda na de 13 con 3.41.50 e Manuel Reino na de 12 con 3.20.31 acadaban as mellores marcas do club na proba dos 1.000 m.l. ao aire libre. Resultados estes que podedes atopar no apartado descargas atletismo desta mesma web.