O pasado sábado en Santiago de Compostela, Diego Grille (Carballo 2005) representábanos no Campionato Xunta de Galicia Sub 20 de Atletismo ao Aire Libre nas probas dos 200 e os 400 metros lisos. Na súa proba favorita, a dos 400 m.l., o noso revalidaba a medalla de bronce acadada esta mesma tempada no Galego de Pista Cuberta de Ourense, desta volta cunha marca de 53''05. Na proba dos 200 m.l. Diego corría a final B en 24''14, marca que lle valía para ser noveno. Andrea Lamas (Carballo 2006) atleta da categoría sub18 que participaba fora de concurso, gañaba os 400 m.l. cun rexistro de 1'00''92 e batía a mellor marca do club dos 17 anos nos 200 m.l. cun tempo de 27''34. No referente ao Nacional sub18 de Xixón os nosos representantes Anxo Bello e Iago Prada, non puideron pasar á final logo de correr as semifinais en 4'10'' e 4'18'', moi alonxados dos seus mellores rexistros persoais. Os resultados destes dous campionatos podédelos atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.
@S ATLETAS CARBALLESES NECESITAN DE INSTALACIÓNS ADECUADAS AO SEU NIVEL !!