Dous novos Récords do Club no Control de Marcas de Ourense


 12 Xaneiro, 2026   Atletismo 

Dous novos Récords do Club no Control de Marcas de Ourense

A pasada fin de semana sete d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte noutro dos controis federativos de marcas en pista curta que se están a celebrar na pista cuberta da Expourense neste primeiro mes do ano. No mesmo Pedro Mesejo foi 5º clasificado absoluto na final dos 60 m.l. batendo a mellor marca absoluta do club cun mellor rexistro persoal de 7:24. Na proba dos 200 m.l. Iria Barreiro foi 14ª absoluta cunha moi boa marca de 27:62 e nos 3000 m.l. Adrián Fuentefría foi 17º, Hugo Tuñas 20º, Iago Bello 23º e Álex Casal 24º. No caso de Hugo Tuñas compre decir que estableceu a mellor marca do club dos 14 anos cun tempo de 9.51:31. 
Os resultados d@s nos@s podedes atopalos no apartado de descargas atletismo desde mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar