Dúas medallas para os nosos no Campionato Galego de Cros


 04 Xaneiro, 2026   Atletismo 

Dúas medallas para os nosos no Campionato Galego de Cros

O pasado sábado día 3 de xaneiro tomamos parte con 17 dos nosos atletas no circuito de O Aguillón na localidade de A Rúa, con motivo da celebración do campionato Xunta de Galicia de Campo a Través individual e por clubs para as categorías absoluta, sub 23, sub 20, sub 18 e sub 16 que xuntou preto de medio milleiro de atletas e algo máis de 70 clubs. No que aos nosos se refire callaron unha máis que destacada actuación no individual e tamén no colectivo. Na categoría sub 16 subimos ao 2º caixón do podio para colgarnos a medalla de prata por clubs con Adrián Fuentefría 7º clasificado, Iago Bello 16º, Alejandro Casal 18º e Hugo Tuñas 26º, acadando tamén a nosa clasificación directa para o Campionato de España da modalidade. O equipo sub 20 rematou tamén nunha moi boa 4ª praza con Iago Prada 14º, Roque González 15º, Hugo Souto 18º e Lucas Prada 24º. Na categoría sub 23 Nuno Moure acadou a medalla de bronce da súa categoría o que lle da acceso á Selección Galega para o Nacional de Autonomías. Os resultados deste Campionato Galego de Campo A Través podedes consultalos no apartado de descargas atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar