Dúas pratas e un bronce para @s nos@s nos Galegos de Ruta


 04 Xuño, 2024   Atletismo 

Dúas pratas e un bronce para @s nos@s nos Galegos de Ruta

O pasado sábado 1 de xuño as localidades de Carballo e Lourenzá acolleron dous dos Campionatos Galegos de Ruta, o de 5 quilómetros no caso de Carballo e o da Milla no caso de Lourenzá; probas na que @s nos@s tres representantes fixeron pleno de podios e récords. Na Milla de Lourenzá, Anxo Bello acadou a medalla de prata sub18 cun tempo de 4'38'', rexistro co que estableceu ademáis unha nova mellor marca do club dos 17 anos. Nos 5 quilómetros de Carballo, Lara Pincirolli cun tempo de 22'33'' e Nuno Moure cun rexistro de 15'59'' foron prata e bronce respectivamente na categoría sub20, mellorando os dous os mellores rexistros absolutos do club que eles mesmos posuían. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo de esta mesma web. 
Outro dos récords do club batido recentemente foi o dos 1.000 m.l. de 13 anos a cargo de Adrián Fuentefría no Campionato Provincial Escolar de Atletismo en Pista celebrado na Malata o pasado 25 de maio.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.