@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estiveron á altura d@s mellores nas dúas últimas competicións desputadas na cidade de A Coruña. O pasado venres 12 de maio, Andrea Lamas, Anxo Bello, Diego Grille, Iago Prada, José M. Negreira, Paula Amado e Pedro Mesejo, tomaban parte no I Trofeo Da Mochila do Deporte celebrado na Pista Universitaria de Elviña; lugar onde Anxo e Iago foron 2º e 3º respectivamente na proba dos 1.500 metros lisos acadando ademáis a mínima nacional sub 18 desta distancia. Outra das atletas destacadas da xornada foi Andrea Lamas ao facerse coa 2ª mellor marca do torneo nos 400 metros lisos. O sábado e tamén en Elviña, nove d@s nos@s atletas de base desputaban a derradeira xornada do Atletismo en Pista Escolar do Programa Xogade, onde a alevín Xiana Faya asinaba o mellor lanzamento de peso da sesión. Compre sinalar tamén que logo das catro xornadas clasificatorias Abel Antelo, Álex Grille, Ana Ézara, Leo Mafal, Manuel e Sergio Reino, Natalia Vázquez e Román Ponte están clasificad@s para tomar parte na Final Provincial Escolar a celebrar o vindeiro 21 de maio en Santiago de Compostela. Os resultados destas dúas probas tédelos no apartado de descargas atletismo e descargas escola desta mesma web.