Gran actuación d@s nos@s cinco atletas no Galego Sub18


 25 Maio, 2022   Atletismo 

Gran actuación d@s nos@s cinco atletas no Galego Sub18

O pasado domingo día 22 de maio, cinco d@s nos@s atletas tomaban parte no Campionato Galego Sub18 ao aire libre que se celebraba na Pista de Atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Alí @s nos@s callaron unha máis que destacada actuación acadando oito mellores marcas persoais, outros tantos récords do clube e sete tops 10 entre @s mellores atletas galeg@s. Os resultados máis destacados foron os 4º postos de Diego Grille nas probas de 200 e 400 m.l e de Andrea Lamas nos 200 m.l. que mesmo se mantiveron na loita polas medallas. Tamén os 7º postos de Sergio Suárez no concurso de peso e da remuda masculina por equipos do 4x100 m.l. Nesta mesma liña José Manuel Negreira foi 8º en altura e 10º nos 800 m.l. Desta volta as mellores marcas do clube conseguíanas Diego Grille (17 anos) e Mateo Castro (16 anos) nas probas de 200 e 400 m.l., Andrea Lamas (16 anos) nos 200 m.l., Sergio Suárez (16 anos) en lanzamento de peso, José M. Negreira (16 años) nos 800 m.l. e a remuda masculina sub18 do 4x100 m.l. con Mateo, Diego, Sergio e José Manuel. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.