Gran actuación d@s nos@s oito atletas no Galego Sub18 de PC


 27 Febreiro, 2023   Atletismo 

Gran actuación d@s nos@s oito atletas no Galego Sub18 de PC

Onte, domingo día 26 de febreiro, oito d@s atletas de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Sub18 en Pista Cuberta que se celebraba nas instalacións da Expourense. Alí @s nos@s callaron unha máis que destacada actuación acadando nove mellores marcas persoais, oito récords do clube, 1 medalla de prata e sete tops dez entre @s mellores atletas galeg@s. Os resultados máis destacados foron, a medalla de prata de José M. Negreira no concurso de altura, a 4ª praza de Andrea Lamas nos 400 m.l., os 5º postos de Iago Prada e Anxo Bello nos 1.500 e os 3.000 m.l. respectivamente e o 6º lugar de Hugo Martínez tamén nos 3.000 m.l. Desta volta as mellores marcas do clube conseguíanas Pedro Mesejo (17 anos) nos 60 e os 200 m.l., Andrea Lamas (17 anos) nos 400 m.l., Hugo Martínez (17 anos) nos 3.000 m.l., José M. Negreira (17 anos) en altura, Sara Gabín (16 anos) nos 800 m.l., Iago Prada (16 anos) nos 1.500 m.l. e Anxo Bello (16 años) nos 3.000 m.l. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.