Gran fin de semana d@s nos@s atletas en Ourense e Xetafe


 28 Xaneiro, 2025   Atletismo 

Gran fin de semana d@s nos@s atletas en Ourense e Xetafe

O pasado sábado día 25 de xaneiro, cinco d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte noutro dos controis federativos de marcas en pista curta que veñen celebrando na Expourense desde finais de ano. No mesmo Iago Bello foi 2º clasificado sub 14 na proba dos 500 m.l. establecendo unha mellor marca do club cun tempo de 1:27.27, Ana Ézara foi 3ª sub 16 nos 600 m.l. batendo o mellor rexistro do club cunha marca de 1:46.65 e Adrián Fuentefría tamén na categoría sub 16 rematou 7º nos 600 m.l. cun tempo de 1:40,94 co que rebaixou o record do club da súa idade. 
Compre subliñar tamén que o sub 18 Michel Núñez e o noso adestrador Alejandro López, formaron parte do combinado galego no Campionato de España de Campo A Través por FF.AA. celebrado o sábado e o dimngo pasados na localidade de Xetafe. Michel foi 55º a título individual e asinou xunto aos seus compañeiros de selección o 5º posto nacional por equipos. Na categoría sub 20 Anxo Bello que adestra connosco pero milita este ano nas filas do Atletismo Narón do que somos equipo filial, rematou 37º acadando o bronce por equipos co combinado galego. Os resultados d@s nos@s podedes consultalos no apartado de descargas atletismo desde mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.