O pasado sábado día 31 de maio cinco d@s atletas da AD.Fogar tomaron parte no Campionato Galego Sub18 ao aire libre celebrado na pista do CGTD de Pontevedra. No mesmo Roque González (ouro) e Michel Núñez (prata) acadaban o dobrete na proba dos 3.000 m.l. Ademáis Kevin Pallas foi 5º nos 100 m.l e 7º nos 200 m.l., María Brandón 8ª nos 800 m.l. e Líam Hernández 10º nos 400 m.l. batendo a mellor marca do club dos 16 anos.
O domingo na 10 K de Carballo @s nos@s volveron demostrar o seu bo nivel sumando outros 7 postos de podio. Polo Campionato Galego de Ruta correron, Nuno Moure que se fixo co ouro da categoría sub 20 e foi 4º absoluto da proba, Chema Negreira 7º sub 20, Fernando Trillo 15º máster 55, Javier Agrelo 5º sub 23 e Pedro Mesejo 10º sub 20. Na proba popular Paula Amado fíxose coa prata sub 20, María Brandón co ouro sub 18, Adrián Fuentefría co ouro e Ana Ézara coa prata na categoría sub 16, Iago Bello co ouro sub 14 e Ángel Manteiga co bronce sub 10.
Grandes resultados para uns e unhas atletas que adestran nunhas condicións pésimas pola falta de interese dun Concello de Carballo que leva sete anos prometendo a mellora da pista do Chorís.
Os resultados desta fin de semana podedes consultalos no apartado de descargas atletismo desde mesma web.