Gran fin de semana d@s nos@s en Ribadavia, Córdoba e Ourense


 26 Xaneiro, 2026   Atletismo 

Gran fin de semana d@s nos@s en Ribadavia, Córdoba e Ourense

A pasada fin de semana tres d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte noutras tantas probas dos calendarios galego e nacional de atletismo. O sábado 24 de xaneiro, Rosalía Cid da categoría sub 10 participou en Ribadavia no Campionato Galego de Campo A Través de menores, onde acadou un moi bo 21º posto feminino. O domingo 25 de xaneiro no Campionato Galego sub 23 de Pista Curta celebrado na Expourense, Pedro Mesejo gañou o bronce masculino nos 60 m.l. e asinou un 4º nos 200 m.l. Pedro mantivo un gran nivel igualando a súa mellor marca persoal e o récord absoluto do club nos 60 m.l. cun rexistro de 7.24 e mellorando o súa marca persoal e o récord absoluto do club nos 200 m.l. cun tempo de 23.21. 
Compre subliñar tamén que Nuno Moure formou parte do combinado galego sub 23 no Campionato de España de Campo A Través por FF.AA. celebrado o domingo na localidade cordobesa de Almodóvar del Río. Nuno foi 52º clasificado a título individual e acadou xunto aos seus compañeiros de selección o 11º posto nacional por equipos. Os resultados destes tres eventos podedes atopalos no apartado de descargas atletismo desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar