Grande actuación das nosas atletas no Galego Sub 18 de Pista Curta


 01 Marzo, 2026   Atletismo 

Grande actuación das nosas atletas no Galego Sub 18 de Pista Curta

A Expourense foi testemuña no día de onte do talento e a progresión das nosas deportistas. Ana Ézara, María Liu Brandón e Sara García brillaron con luz propia no Campionato Galego Sub 18 de pista curta, asinando unha actuación impecable que se traduciu en catro marcas persoais e un novo récord do club. Na proba dos 800 m.l. María Liu Brandón (2009) detivo o crono en 2'35''72, rexistro que non só supón a súa mellor marca persoal e o oitavo posto galego, senón tamén unha nova plusmarca do club na categoría dos 17 anos. Pola súa banda, Ana Ézara (2010) acadou a 14ª posición nos 400 m.l. cun gran tempo de 1:04.78 (MMP), mentres que Sara García (2009) completou o éxito colectivo rebaixando as súas marcas tanto nos 400 m.l. (20ª con 1'08''13) como nos 200 m.l. (22ª con 29''86). Podedes consultar os resultados das nosas no apartado de descargas ateltismo da nosa web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar