A sub 10 Rosalía Cid e o sub 14 Iago Bello, tomaron parte a pasada fin de semana nos Campionatos Galegos Sub 10-12 e Sub 14 en pista curta, celebrados baixo teito na Expourense con moi bos resultados para os nosos intereses. Na xornada do domingo á tarde, Iago Bello Rodríguez fíxose coa medalla de prata sub 14 na proba dos 2.000 m.l., distancia na que estableceu un novo rexistro dos 13 anos do club cunha mellor marca persoal de 6:42.69. Na xornada do sábado pola mañá, Rosalía Cid Rebollo correu as probas dos 50 e os 500 m.l. rematando 60ª nos 50 cun tempo de 0:09.48 e 24ª nos 500 cunha marca de 1:56.19.
O domingo tamén tivemos representación na XIII Carreira Pedestre do Concello de Camariñas con excelentes resultados, deste xeito e sobre a distancia dos 10 quilómetros gañaba a proba absoluta Alejandro Pardo, 7º na categoría senior masculina foi Adrián Souto, mesmo posto que o de Fernando Trillo na máster 3 masculina. Sobre a distancia dos 3 quilómetros Adrián Fuentefría e Ana Ézara foron primeiros sub 16 masculino e feminina, Martín Cid 2º e Leo Touré 10º na sub 14 masculina. E para rematar Rosalía Cid rematou 3ª sub 10 feminina na proba do quilómetro. Resultados todos eles que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.