Os nosos atletas sub 14, Iago Bello e Leo Touré, tomaron parte o pasado domingo 15 de xuño no Campionato Galego Sub 14 ao aire libre celebrado na pista de atletismo de Balaídos, en Vigo, con moi bos resultados para os nosos intereses. Na sesión matinal do domingo, Iago Bello Rodríguez fíxose coa medalla de prata sub 14 na proba dos 2.000 m.l., anovando o subcampionato acadado en pista curta no inverno. Iago correu a distancia en 6:37.05 establecendo un novo rexistro do club na categoría dos 13 anos. Tamén pola mañán Leo Touré Lema lanzaba o disco a 10.79 m o que lle valeu para ser 13º; e xa na sesión de tarde Leo correu os 1.000 m.l en 4:33.32 para rematar 28º. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.
A vindeira cita para @s nos@s será o Campionato Galego Sub 16 AL no Barco, onde tomarán parte Ana Ézara na proba dos 600 m.l. e Adrián Fuentefría nos 3.000 m.l.
#AINDASENPISTAHAIATLETISMO