Os atletas sub 20, Iago Prada e Nuno Moure, tomaron parte o pasado sábado 19 de abril no Campionato Galego Sub 20 de 5.000 metros celebrado na Pista de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, lugar onde os nosos acadaron moi bos resultados a pesar da climatoloxía. A final sub 20 dos 5.000 m.l. estivo moi disputada e os postos de podio decidíronse nos últimos 400 metros, con Iago Prada 3º cun tempo de 16'08''13, polos 16'04''18 do segundo clasificado e os 16'02''33 do gañador da proba. No que a Nuno Moure respecta rematou na 6ª praza cun rexistro de 16'14''49. O domingo tamén na pista da USC pero con motivo dun dos controis de oficiais de marcas da FGA, Adrián Fuentefría, outro dos nosos atletas sub 16 foi 5º na final dos 1.000 metros lisos neste arranque da tempada de pista ao aire libre. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.