30 d@s nos@s atletas tomaron parte en tres dos frentes competivos da pasada fin de semana. Dous facíano o sábado na proba dos 800 m.l. no Control de Marcas de Inverno celebrado nas pistas do Centro Galego de Tecníficación de Pontevedra, onde Diego Grille establecía a mellor marca do clube de 17 anos cun rexistro de 2:10.51 e José M. Negreira a de 16 anos con 2:23.11. O domingo na Praia de Cabío da Pobra, 25 d@s nos@s participaron no Campionato Galego de Campo A Través onde Irea Alén acadaba o bronce na categoría sub16 feminina; nesta mesma categoría Anxo Bello foi 9º e Hugo Souto 10º. Outro dos destacados da Pobra foi Sergio Reino que remataba 9º na categoría sub10. Tamén o domingo outr@s tres atletas corrían a Trail Race de Carballo onde Ana Varela era 9ª e Alfonso Remuiñán 57º na categoría de veteranos. Os resultados destas tres probas tédelos no apartado de descargas atletismo desta mesma web.