Meritoria prata dos nosos sub 20 no Campionato Galego de Cros


 07 Xaneiro, 2025   Atletismo 

Meritoria prata dos nosos sub 20 no Campionato Galego de Cros

O pasado sábado día 4 de xaneiro de 2025 tomamos parte con dez dos nosos atletas en A Rúa, no Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Absoluto, Sub23, Sub20, Sub18, Sub16 Individual e de Clubs. A proba xuntou preto de 450 atletas e na mesma os nosos callaron unha máis que destacada actuación individual e por equipos. Na categoría sub20 os 4 representantes do equipo sub20 subiron ao 2º caixón do podio para colgarse a medalla de prata por clubs con Iago Prada como 9º clasificado individual, Adrián Sancho na 12ª praza, Nuno Moure na 13ª e Hugo Souto na 24ª. O equipo sub20 acadou tamén a súa clasificación directa para o Campionato de España da modalidade. Na categoría sub18 Michel Núñez rematou nunha moi boa 6ª praza o que lle da acceso á Selección Galega para o Nacional de Autonomías, mentres que Lucas Prada foi 20º. Para rematar na categoría sub16 Adrián Fuentefría foi 22º nesta a súa primeira participación. Os resultados deste Campionato Galego de Campo A Través podedes consultalos no apartado de descargas atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.