O pasado domingo día 2 de febreiro, Iago Prada Maroño de 17 anos representóunos no Campionato Galego Absoluto de Atletismo en Pista Curta celebrado nas instalacións da Expourense. A cita indoor máis importante do atletismo galego contou coa participación de preto de catrocent@s atletas achegad@s de todos os recunchos da nosa comunidade. No que a Iago Prada respecta, dicir que tomou parte na proba dos 1.500 m.l. acadando unha moi meritoria 6ª praza absoluta cunha mellor marca persoal de 4.03.86 coa que establecía ademáis a mellor marca absoluta do club en pista curta.
Outra das atletas en liza da pasada fin de semana foi Rosalía Cid, que correu os 50 m.l. no aprazado Torneo de Reis de Pontevedra, 16ª praza sub10 para a nosa cun tempo de 9.56. Resultados que podedes atopar en descargas atletismo desta mes web.