O pasado sábado día 11 de maio sete d@s nos@s atletas desprazábanse ata Vigo para tomar parte na primeira das xornadas das Series Municipais de Atletismo en Pista deste concello. Na pista de atletismo de Balaídos @s nos@s acadaron moi bos rexistros persoais cun triplete na proba dos 3.000 m.l. con Anxo Bello 1º, Roque González 2º e Nuno Moure 3º, proba na que ademáis Anxo e Roque fixeron as mínimas B para o Campionato de España e bateron as mellores marcas do club na categoría absoluta e dos 17 anos no caso de Anxo e a dos 16 anos no caso de Roque. Nos 600 m.l. María Liu Brandón e Líam Hernández sumaron as mellores marcas do club na categoría de 15 anos e Sara Gabín a dos 800 m.l. dos 17 anos. Resultados que podedes ollear no apartado de descargas atletismo desta mesma web.