Nove d@s nos@s atletas compiten en Elviña e Bastiagueiro


 14 Abril, 2023   Atletismo 

Nove d@s nos@s atletas compiten en Elviña e Bastiagueiro

Nove d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros compiten hoxe e mañá no Control do Club Atletismo Sada e na segunda das xornadas do Atletismo en Pista Escolar do programa Xogade. Ás 20:15 horas de hoxe, Iago Prada Maroño tomará parte no I Control do CAS a celebrar na Pista de Atletismo do Inef en Bastiagueiro; onde o noso correrá a proba dos 3.000 m.l. O sábado a mañá outr@s oito atletas de Carballo e Oleiros participarán na 2ª Xornada do Atletismo en Pista Escolar Xogade na Pista Universitaria de Elviña. Abel Antelo concursará nas probas de 500 m.l., lanzamento de pelota e 1.000 m. marcha; Leo Mafal, Mateo Añón e Xiana Faya nos 500 m.l. e pelota; Alejandro Grille nos 500 m.l. e altura; Iago Peréz nos 80 m.v. e lonxitude, Román Ponte nos 400 m.l. e pelota e Ana Ézara nos 2.000 m. marcha. Competicións que podedes seguir nas seguintes ligazóns federativas: 
I CONTROL CAS
2ª XORNADA ATLETISMO PISTA XOGADE
 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.