
O pasado sábado día 14 de febreiro, en Barbadás, Nuno Moure Fernández representóunos no XI Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Classic no que obtivo un moi bo resultado. O atleta da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros cruzou a liña meta en segunda posición do trail curto para facerse coa medalla de prata da categoría sub 23, completando o percorrido nun tempo de 1 hora, 5 minutos e 25 segundos.
O mesmo sábado na Expourense, Iria Barreiro Matos da categoría sub 18, correu os 400 m.l. no Campionato Galego Absoluto de Pista Curta. A do Fogar fixo unha mellor marca persoal de 59 segundos e 57 centésimas, coa que foi 9ª batendo o récrod absoluto do club e certificando a mínima B para o Campoinato de España sub 18. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.
A vindeira cita para @s atletas do Fogar será o II Meeting de Ourense Categorías Base (sub 10, 12 e 14) a celebrar na cuberta da Expourense o día 21 de febreiro. No mesmo tomarán parte Angel Mira, Marcos García, Rafael García e Rosalía Cid.