O Galego sub20 e o Nacional sub18 foron as citas da fin de semana


 25 Febreiro, 2024   Atletismo 

O Galego sub20 e o Nacional sub18 foron as citas da fin de semana

No día de onte na Pista de Expourense, sete d@s nos@s atletas tomaron parte no Campionato Xunta de Galicia Sub 20 de Atletismo en Pista Curta con moi bos resultados. Proba delo foron os 4 récords absolutos do club e os 5 cuartos postos acadados. As mellores marcas absolutas do club foron desta volta para Jose M. Negreira nos 800 m.l. e o concurso de peso e para Diego Grille nos 200 e os 400 m.l. A un só banzo do podio quedaron José M. Negreira no concurso de peso, Pedro Mesejo nos 200 m.l., Diego Grille nos 200 e os 400 m.l. e Hugo Martínez nos 3.000 m.l. A mellor das nosas volveu ser Andrea Lamas cun 5º posto na proba dos 200 m.l. No referente ao Nacional sub18 en Pista Curta de Sabadell os nosos representantes Iago Prada e Anxo Bello, non puideron pasar á final logo de correr as semifinais en 4'12'' e 4'16''; final para a que clasificaron os catro mellores de cada unha das tres semifinais. Os resultados destes dous campionatos podédelos atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.