O pasado domingo día 19 de novembro, a localidade de Soria acollía o Campionato de España de Campo A Través por clubs nas categorías sub-16, sub-18, sub-20, sub-23 e absoluta feminina e masculina, ademáis da substitución mixta absoluta, cun total de 2.200 atletas en representación de 430 clubs. No que á nosa participación refírese compre dicir que non fomos quen de amosar a nosa mellor versión. O equipo sub16, que viña de gañar o Campionato Galego, remataba na 18ª praza dos 51 equipos en liza con Michel Núñez 55º, Roque González 79º, Óscar Alberte 111º, Joel Barcia 163º e Líam Hernández 267º. Pola súa banda os nosos sub18, actuáis Subcampións Galegos, eran 21º dos 52 equipos participantes con Iago Prada 65º, Nuno Moure 82º, Hugo Souto 127º, Anxo Bello 176º e Adrián Sancho 195º. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.