Ouro e prata para Antonio Remuiñan no Galego Máster AL


 02 Xuño, 2021   Atletismo 

Ouro e prata para Antonio Remuiñan no Galego Máster AL

A pasada fin de semana, Antonio Remuiñán participaba coa A.D. Fogar no XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista ao Aire Libre que se desputaba no C.G.T.D. de Pontevedra. O noso atleta da man do seu adestrador Alejandro López, facíase con dúas medallas, a de ouro nos 1.500 metros e a de prata nos 200 metros. Probas nas que batía tamén as mellores marcas do clube na categoría dos 70 aos 74 anos cun novo rexistro de 6.23.73 nos 1.500 e de 0.36.18 nos 200. Os resultados deste XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en pista descuberta podédelos atopar no apartado descargas da sección de atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.