Onte, domingo día 30 de outubro de 2022, sete dos nosos atletas tomaban parte en A Rúa no Campionato Xunta de Galicia de Campo A Través Sub 16 por equipos; proba na que callaban unha máis que destacada actuación individual e por equipos. Os nosos 7 representantes subían ao 1º caixón do podio para colgarse a medalla de ouro por equipos e proclamarse así Campións Galegos Sub16 puntuando con ata 6 atletas en liña de meta; Anxo Bello como 4º clasificado, Hugo Souto na 6ª praza, Adrián Sancho na 8ª, Berket López na 12ª, Joel Barcia na 13ª e Michel Núñez na 14ª. O podio masculino por equipos completábano a Atlética Lucense que acadaba a medalla de prata e o Atletismo Narón que se facía co bronce. Compre sinalar tamén que os nosos rapaces acadaron por segundo ano consecutivo a clasificación directa para o Nacional da modalidade a celebrar en Atapuerca o vindeiro 13 de novembro de 2022. Os resultados desde Campionato Galego de Campo A Través por equipos podedes consultalos no apartado de descargas atletismo desta mesma web.