Outra boa actuación d@s nos@s en A Coruña e máis Ferrol


 13 Maio, 2025   Atletismo 

Outra boa actuación d@s nos@s en A Coruña e máis Ferrol

Os pasados 9 e 10 de maio, dez d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en dúas das probas do calendario rexional, o III Trofeo da Mochila do Deporte e a Final Provincial de Atletismo en Pista Escolar do programa xogade. No trofeo coruñés disputado o venres na Pista da UDC en Elviña representáronnos, Nuno Moure que se fixo co bronce nos 1500 m.l., Líam Hernández que rematou 10º nos 400 m.l. batendo o mellor rexistro do club dos 16 anos e máis Ana Ézara, 16ª nos 300 m.l. con mellor marca do club dos 15 anos. En canto á Final Provincial Escolar Xogade celebrada o sábado na Pista de A Malata en Ferrol, @s nos@s foron quen de acadar unha das medallas da xornada e bater dúas mellores marcas do club. Deste xeito Iago Bello foi bronce nos 1000 m.l. batendo o récord do club dos 13 anos e Leo Touré rematou 12º no lanzamenzo de disco mellorando tamén o anterior rexistro do club dos 13 anos. Resultados que podedes atopar nos apartados de descargas atletismo e descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.