Os pasados 18 e 19 de xaneiro, once d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en tres das probas do calendario rexional; o Meeting Internacional de Menores de Ourense, o Control Federativo de Marcas en Pista Curta da Expourense e o Campionato Galego de Cros de Menores de A Pobra. No referente ao Meeting Internacional de Menores, Rosalía Cid foi 18ª nos 50 m.l. e 39ª nos 500 m.l. na súa primeira toma de contacto co atletismo en pista. En canto ao Control de Marcas en pista curta, Kevin Pallas rematou 19º nos 60 m.l. e 17º nos 400 m.l., proba esta última na que estableceu unha nova mellor marca do club dos 17 anos cun tempo de 57"15. Tamén foron José M. Negreira que acadou o 25º posto nos 60 m.l. e María L. Brandón que foi 21ª nos 1.500 m.l. Xa o domingo no Campionato Galego Sub 10 - 12 - 14 de Cros; Angel Mira rematou nunha meritoria 25ª praza sub 10, mesma categoría na que Ana Rivas e Sara Antelo foron 45ª e 70ª. Na categoría sub 12 Alba Súarez e Alba Velo remataron 89ª e 127ª e na sub14 Leo Mafal foi 64º.
Compre subliñar tamén que o sub 18 Michel Núñez e o noso adestrador Alejandro López, veñen de ser convocados pola FGA para tomar parte co combinado galego no Campionato de España de Campo A Través por FF.AA. que se correrá a vindeira fin de semana en Xetafe.
CONVOCATORIA OFICIAL