Jose Manuel Negreira "Chema", sumaba onte unha nova medalla para a recentemente creada sección de atletismo da AD.Fogar; facíao con motivo da disputa dos Campionatos Galegos Sub16 e Sub18 ao Aire Libre celebrados no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. O noso atleta colgábase a medalla de prata da categoría sub16 na proba de altura logo dun concurso impecable. Chema superaba o listón no seu primeiro intento nos 1.37, 1.42, 1.47, 1.52, 1.55, 1.58 e 1.61 cm, rebaixando en 9 cm o seu mellor rexistro persoal. Rexistro co que establecía ademáis unha nova mellor marca do club dos 15 anos. Chema foi tamén 11º nos 1.000 metros lisos cunha marca de 3:01.02, a súa segunda mellor desta tempada. En Lugo participaba tamén Berket López na proba dos 3.000 metros lisos, nos que cun tempo de 10:47.30 remataba na 7ª praza sub16, lonxe do seu mellor rexistro da tempada de 10:29.13. Os resultados dos nosos podédelos atopar no apartado descargas da sección de atletismo desta mesma web.