O pasado domingo día 17 de novembro de 2024, a localidade sevillana de Santiponce acolleu o Campionato de España de Campo A Través por clubs nas categorías sub-16, sub-18, sub-20, sub-23 e absoluta feminina e masculina ademáis da substitución mixta absoluta. No mesmo tomaron parte máis de 3.000 atletas en representación de 430 clubs nunha contorna incomparable como é o circuíto do Conxunto Arquelóxico de Itálica. En canto á participación do noso equipo sub18 masculino, compre dicir que estiveron á altura da cita tras acadar un máis que meritorio 5º posto por equipos dos 51 participantes; con Anxo Bello 18º, Iago Prada 42º, Hugo Souto 51º, Adrián Sancho 55º, Michel Núñez 88º e Joel Barcia 196º, dos case 400 atletas da categoría. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.