Seis atletas de Carballo acudiron ao Campionato Galego Absoluto


 20 Xuño, 2023   Atletismo 

Seis atletas de Carballo acudiron ao Campionato Galego Absoluto

O pasado sábado día 17 de xuño seis d@s atletas da AD.Fogar representábannos no Campionato Galego Absoluto de Atletismo ao Aire Libre nas renovadas pistas da Universidade de Santiago de Compostela. A cita máis importante do atletismo galego contou coa participación de cincocent@s atletas achegad@ de todos os recunchos da nosa comunidade. No que as-os nos@s respecta tomaron parte, Andrea Lamas (200 e 400 m.l.), Anxo Bello e Iago Prada (1.500 m.l.), Diego Grille (400 m.l.), José M. Negreira (altura) e Pedro Mesejo (4 x 400 m.l.), entre @s que acadaron dous cuartos postos e tres mellores marcas do club. Os cuartos postos foron para o sub18 Negreira no concurso de altura cunha mellor marca persoal e do club de 1.77 e para o cuarteto masculino dos 400 m.l. que establecía o mellor rexistro do club con Grille, Mesejo, Negreira e Prada en 3.40.04. Outra das destacadas do sábado foi Andrea Lamas, semifinalista nos 200 m.l. cunha mellor marca persoal e do club de 27.74 e novena clasificada nos 400 m.l. E o domingo No Galego sub14 ao Aire Libre de O Barco, Manuel Reino de 13 anos acadaba con 3.29.31 unha mellor marca persoal e do clube nos 1.000 m.l. Resultados que podedes atopar en descargas atletismo desta mes web.
O ATLETISMO CARBALLÉS MERÉCESE UNHAS INSTALACIÓNS Á SÚA ALTURA !!

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.