Tesfayé Chao, atleta Sub14 da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomará parte mañán sábado día 26 de xuño de 2021, no Campionato Galego Sub14 en Pista Descuberta. O evento celebraráse na cidade de Vigo onde Tes participará no concurso de altura en torno as 10:30 horas e tomará o pistoletazo de saída na proba dos 500 metros lisos sobre as 12:30 horas. Cabe subliñar tamén o boa actuación de dous dos nosos atletas a pasada fin de semana. Manuel Reino establecía unha nova mellor marca do clube dos 11 anos na proba dos 500 metros lisos con motivo da disputa do Campionato Galego Sub12 de Noia; mentres que Chema Negreira de 15 anos facía o propio nas probas de 1.000 metros lisos e altura no 2º Control Federado de Marcas de Pontevedra. Resultados que podédes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.