Nove d@s nos@s atletas tomaron parte esta fin de semana en dúas das frontes competitivas do calendario rexional de atletismo. O sábado á tarde Ana Ézara de 14 anos, María Liu Brandón de 15 e Líam Hernández tamén de 15, bateron as mellores marcas do club nas súas respectivas idades na proba dos 600 m.l. do Campionato Galego Sub16 en pista curta celebrado en Ourense. Con motivo do Campionato Galego Sub18 en pista curta, e tamén en Ourense, Roque González acadou o domingo a medalla de bronce batendo a mellor marca do club dos 16 anos nos 3.000 m.l. Neste mesmo campionato Kevin Pallas de 16 anos nos 60 e os 200 m.l. e Sara Gabín de 17 anos nos 800 m.l., melloraban os anteriores rexistros do club das súas respectivas idades. Outro dos destacados do domingo foi Iago Prada de 17 anos que foi quen de facer a mínima nacional na proba dos 1.500 m.l. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.
Records Atletismo AD. Fogar