O sábado día 1 de xuño de 2019 a cidade de Lugo acollía a 1ª edición do Ácuatlon do Club Fluvial no que nos representaban 22 triatletas das Escolas de Tríatlon de Base que desde a AD.Fogar estamos a promover en Carballo e Oleiros. E a verdade é que as cousas non podían fluir mellor para os nosos representantes que lograban facerse con 4 dos podios da xornada. Na categoría cadete, Andrés Prieto colgábase a medalla de ouro e David Sancho a de prata; na infantil Rubén Otero acadaba o bronce e na alevín colgábase tamén o bronce Manuel Souto. Cabe destacar tamén a 9ª praza de María Puga e o 4º e 8º posto de Hugo Souto e Oscar Alberte na categoría alevín ou o 6º lugar do infantil Sergio Soto. Os resultados dos nosos triatletas poden consultarse no apartado de descargas escola desta mesma web.