Mañá sábado día 25 de maio de 2019, a localidade de Negreira acollerá a 4ª edición do seu Tríatlon Solidario, proba que contará na súa modalidade individual e sobre a distancia sprint, co concurso de 197 triatletas. En representación da AD.Fogar de Carballo e Oleiros participarán 11 dos nosos triatletas cadetes, das cales 2 pertencen a categoría feminina e os 9 restantes a masculina. A proba que organiza o Club Cervecería O Cotón en colaboración co Concello de Negreira e a Fegatri dará comenzo as 17:30 horas ca saída masculina e 5 minutos despóis coa feminina; información que podedes ampliar na ligazón: http://fegatri.org/evento/iv-triatlon-solidario-de-negreira-popular/?instance_id=1463. Ademáis no arquivo adxunto a esta mesma nova tedes a vosa disposición a nosa inscrición.