14 Triatletas do Fogar correrán o Provincial de Cros Escolar na Pobra


14 Triatletas do Fogar correrán o Provincial de Cros Escolar na Pobra

O vindeiro sábado día 1 de febreiro de 2020 disputarase no Circuíto da Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal, a Final Provincial de Campo A Través Escolar na que tomarán o pistoletazo de saída 14 dos nosos triatletas de base logo de acadar a súa clasificación na Fase Intercomarcal de Os Menhires disputada o pasado 18 de xaneiro nas inmediacións da Torre de Hércules: Elena Haz e Cristina López na categoría cadete feminina e os equipos masculinos Infantil (A.Bello, O.Alberte, P.Rivas, M.Muñoz, C.Candal e F.Díaz) e Cadete (R.Otero, S.Soto, N.Cerqueiro, A.Fontán, D.Campo e A.Navarro). Deportistas todos eles das Escolas de Base de Tríatlon que desde a AD.Fogar promovemos nas localidades de Carballo e Oleiros. As carreiras das distintas categorías disputaránse desde as 11:15 da mañá coa saída benxamín feminina e ata as 13:15, hora prevista para a saída da proba cadete masculina. Podedes consultar a nosa inscrición no docuento adxunto a esta mesma nova, ademáis no apartado descargas escola desta mesma web podedes atopar a normativa da proba.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.