Os vindeiros 15, 16 e 17 de abril de 2019, dezaseis dos triatletas das Escolas de Base que desde a AD.Fogar promovemos en Carballo e Oleiros tomarán parte nunha concentración de tríatlon en Ribeira convidados polo clube de natación e tríatlon e o concello desta localidade. Deles 6 pertencen á categoría cadete, 5 á infantil e outros 5 á alevín que viaxarán acompañados dos adestradores Daniel Polo e Juanma Ríos. As actividades a desenvolver en sesións de mañán e tarde engloban adestramentos das tres disciplinas do tríatlon: a natación, o ciclismo e a carreira a pé. Os rapaces e rapazas pernoitarán na Casa da Xuventude do Concello de Ribeira e desenvolverán as súas actividades nas instalacións do Complexo Deportivo de A Fieiteira e os seus arredores.