164 deportistas da AD.Fogar voltan aos adestramentos o 8 de xuño


164 deportistas da AD.Fogar voltan aos adestramentos o 8 de xuño

Permitide que vos poñamos ao día das últimas novidades con respecto á desescalada e volta á nova normalidade da entidade tras o impacto económico, social e deportivo provocado pola crise sanitaria da COVID-19. Con data 03/06/2020 a Xunta Directiva do club acordou as seguintes decisións:
1.- RETOMAR AS ACTIVIDADES DOS GRUPOS FEDERADOS DE ADESTRAMENTO E COMPETICIÓN DE NATACIÓN E TRÍATLON EN CARBALLO E OLEIROS PARA A FASE 3 DESDE O DÍA 08/06/2020 QUE AFECTA A 164 DEPORTISTAS.
2.- RESTABLECER AS COTAS HABITUAIS DOS DEPORTISTAS E OU SOCIOS DESTES GRUPOS FEDERADOS DE ADESTRAMENTO PARA O MES DE XULLO, COMPENSANDO ASÍ EN XUÑO A INACTIVIDADE DA 2ª QUINCENA DE MARZO.
3.- RESCATAR DO ERTE A 2 DOS NOSOS TRABALLADORES CO OBXECTIVO DE PODER RETOMAR AS ACTIVIDADES DURANTE O MES DE XUÑO.

ADEMÁIS SEGUIMOS TRABALLANDO COA INTENCIÓN DE PODER REINICIAR AS ACTIVIDADES DAS NOSAS ESCOLAS DE NATACIÓN E TRÍATLON DE BASE EN CARBALLO E OLEIROS PARA O PRÓXIMO MES DE XULLO E RESCATAR NA SÚA TOTALIDADE AO RESTO DOS TRABALLADORES DA ENTIDADE.

Por último e en nome de tod@s @s que conformamos a Xunta Directiva da entidade queremos agradecer a comprensión, solidariedade, responsabilidade e compromiso que estades a demostrar @s soci@s; porque grazas ao esforzo conxunto de tod@s continuamos á boia sen deixarnos a ninguén atrás.
💪💪💪
O RENACER DA FORZA!
https://www.facebook.com/adfogar/videos/1170841556584886/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.