O pasado sábado día 30 de novembro de 2019, as Escolas de Base de Tríatlon que a AD.Fogar promove nos Concellos de Carballo e Oleiros en colaboración coa Deputación de A Coruña, desprazábanse ata a localidade de Mondego en Sada; ao primeiro dos clasificatorios de Campo A Través Escolar para a Zona da Coruña. A proba contou coa presenza e participación de 45 d@s nos@s triatletas de base, d@s cales 18 acadaban a súa clasificación directa para a Fase Intercomarcal que se celebrará no Parque dos Menhires de A Coruña o vindeiro 18 de xaneiro de 2020. Os clasificados foron os seguintes: Irene Santomé e David Vázquez como 12º alevíns; o equipo infantil masculio que gañaba a proba con Manuel Souto 4º, Hugo Souto 6º, Anxo Bello 8º, Oscar Alberte 13º, Paulo Rivas 14º e Michel Muñoz 34º; o equipo cadete masculino que tamén gañaba a proba con Rubén Otero 3º, Nicolás Cerqueiro 5º, Sergio Soto 7º, Alejandro Fontán 20º, Diego Campo 25º e Alejandro Navarro 33º e o equipo cadete feminino que era 3º con Elena García 2ª, Sofía Alberte 13ª, Cristina López 14ª e Alejandra Gómez 17ª. No apartado de descargas escola desta mesma web pódense consultar os resultados deste primeiro clasificatorio de Campo A Través Escolar do Programa Xogade.