En torno aos 230 triatletas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, daránse cita o vindeiro sábado día 17 de febreiro en Cedeira; con motivo da celebración do VI Dúatlon de Menores da localidade. A proba que está encadrada na actividade escolar do Programa Xogade da Xunta de Galicia é clasificatoria para a Final Provincial da modalidade. Pola nosa parte tomarán parte 23 d@s triatletas das escolas de base en Carballo e máis Oleiros d@s cales, 1 pertence á categoría prebenxamín, 2 á benxamín, 7 á alevín, 8 á infantil e 5 á cadete. As distancias de competición varían segundo as categorías entre os 200 e os 1600 metros de carreira a pé no primeiro segmento, os 1000 e os 8000 metros de ciclismo no segundo e os 200 e 800 metros de carreira a pé no terceiro. A nosa listaxe de inscrit@s pódese consultar no apartado de descargas escola desta mesma web.