O pasado domingo disputábase no polígono carballés de Bértoa a III Edición do Dúatlon Escolar Concello de Carballo, proba clasificatoria para o Campionato Provincial da modalidade, enmarcada dentro do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte e organizada conxuntamente pola Federación Galega de Tríatlon, o Concello de Carballo, Carballo Deporte e a AD.Fogar, grazas á colaboración do Grupo de Voluntarios, a Policía Local, Protección Civil, Grupo Breogán Motor, Mundo Ocio Eventos e Ciclos Quintena. Ata a capital de Bergantiños desprazáronse finalmente 18 equipos que mobilizaron a un total de 290 duatletas de base, rapaces e rapazas da nosa provincia de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos. En canto ao noso concurso habemos de destacar a clasificación directa de 25 duatletas de Carballo e Oleiros para o Campionato Provincial con actuacións tan destacadas como o 1º posto de Andrés Prieto na carreira cadete, a 3ª praza alevín de Hugo Souto, o 4º e 5º lugar dos infantís Sergio Soto e Rubén Otero respectivamente, a 8ª posición de Catalina García (benxamín) e Alba Otero (cadete) ou a 10ª do benxamín Pablo Fontán. O segundo dos clasificatorios terá lugar o próximo 23 de marzo en Santiago de Compostela. Os resultados deste III Dúatlon Escolar Concello de Carballo podedes atopalos no apartado de descargas escola desta mesma web ou tamén na seguinte ligazón federativa: http://fegatri.org/resultados-duatlon-escolar-concello-de-carballo-2/