Este sábado día 14 de decembro a Praia de Cabío na localidade de Pobra do Caramiñal, acolle a Final Provincial do Campo A Través Escolar encadrado dentro do Programa Xogade; proba na que tomaremos parte con 3 d@s atletas clasificad@s na fase zonal. Noah de Castro como 5ª clasificada benxamín, Iago Bello que foi 7º infantil e Adrián Fuentefría que pasou o corte co equipo cadete. Por outra banda o domingo en Ribeira desputase a Final Galega do Nada e Corre, proba de tríatlon e carácter federativo que contará coa presenza e participación de 8 d@s triatletas calsificad@s na fase previa. Rosalía Cid que foi 1ª da prebenxamín, Wenceslao Oubiña 6º benxamín, Tadeo Suárez 4º e Martina Santomé 7ª na alevín, Diego Souto 1º infantil e Irene Santomé 5ª, Lino Souto 5º e Nicolás Mato 6º da categoría cadete.