3 Rércords do club na 4ª xornada de Atletismo en Pista Escolar


3 Rércords do club na 4ª xornada de Atletismo en Pista Escolar

O pasado domingo día 6 de abril, dez d@s atletas das escolas de base da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no derradeiro dos clasificatorios de Atletismo en Pista Escolar Xogade disputado novamente na pista ferrolana de A Malata. Desta volta as mellores actuacións do club foron as de, Leo Touré que bateu a mellor marca do club dos 13 anos no lanzamento de peso de 3 quilos facéndose coa 5ª praza na categoría infantil; Julia Lóez que foi 10ª alevín nos 500 m. lisos mellorando o anterior rexistro do club dos 11 anos; e Kelly Zimmermann de 13 anos que bateu a mellor marca do club da súa idade no concurso de salto de lonxitude. Outr@s d@s destacad@s da xornada ferrolana foron @s benxamíns, Angel Mira 6º, Marcos García 8º e Sara Antelo 9ª na proba dos 400 m. lisos. Resultados estes que podedes ollear no apartado de descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.