O vindeiro sábado día 22 de febreiro de 2020 preséntase intenso para @s nadadores-as e triatletas das escolas de base da AD.Fogar de Carballo e Oleiros e os seus respectivos adestradores. Pola tarde a localidade de Viveiro acollerá o segundo dos clasificatorios do Nada e Corre para a zona 1, proba de tríatlon que contará coa presenza e participación de 37 d@s nos@s triatletas de base, d@s que 5 pertencen á categoría prebenxamín, 5 á benxamín, 5 á alevín, outros 7 á infantil e 15 á cadete. Tamén pola tarde e na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, outr@s 32 nadadores-as da categoría benxamín (13 nenas e 19 nenos), tomarán parte na terceira xornada da liga Galega de Natación na que vimos ocupando de maneira provisional a 8ª praza conxunta dos 33 equipos que conforman esta categoría dos máis cativos. Nesta terceira rolda ligueira nadaranse as probas individuais dos 50 e os 100 metros braza e os 50 metros bolboreta ademais das substitucións por equipos dos 4x100 metros libres masculinos e femininos. A esta mesma noticia achegamos a convocatoria d@s nos@s e a listaxe de saídas da xornada. No referente ao Nada e Corre de Viveiro podedes consultalo na ligazón https://fegatri.org/evento/nada-e-corre-de-viveiro-clasificatoria-zona-norte/?instance_id=1541