Os pasados 2 e 3 de decembro, 50 d@s atletas e triatletas das escolas de base da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte na Fase Zonal de A Coruña do Campo A Través Escolar e máis no segundo dos clasificatorios das zonas 1 e 2 para a Final Galega do Nada e Corre da FEGATRI. No Zonal de Campo A Través, Román Ponte como 5º benxamín e os equipos infantil masculino como 3º clasificados, cadete feminino como 3ª clasificadas e cadete masculino como 7º clasificados, pasaban o corte para representarnos na Final Provincial do vindeiro 16 de decembro no Parque Eugenio Granell de Santiago. No Nada e Corre o infantil Diego Souto e o cadete Joel Barcia acadaban a medalla de ouro nas súas respectivas categorías. Nesta modalidade do tríatlon de menores a Final Galega disputaráse este domingo día 10 de decembro no Complexo Deportivo de A Fieiteira, en Ribeira, para a que clasificaron @s benxamíns Carla Vicente e Tadeo Suárez, @s alevíns Martina Santomé e Abel Antelo, @s infantís Irene Santomé, Diego Souto, Lino Souto, Nicolás Mato e @s cadetes Inés Duarte e Joel Barcia.