Os vindeiros 30 de novembro e 1 de decembro preséntanse intensos para @s atletas e triatletas das escolas de base da AD.Fogar de Carballo e Oleiros e os seus respectivos adestradores. O sábado a mañá na localidade de Lugo, desputase o clasificatorio da zona dúas para a Final Galega do Nada e Corre, proba de tríatlon e carácter federativo que contará coa presenza e participación de 20 d@s nos@s triatletas de base, d@s que 2 pertencen á categoría prebenxamín, 3 á benxamín, 6 á alevín, 5 á infantil e 4 á cadete. Xa o domingo e tamén pola mañá o circuíto de Mondego, en Sada, acolle unha nova edición da Fase Zonal da Coruña do Campo A Través Escolar encadrado dentro do Programa Xogade; proba na que tomaremos parte con 31 d@s nos@s atletas de base, 4 da categoría benxamín, 10 da alevín, 7 da infantil e outr@s 10 da cadete.