A cidade de Avilés prepárase para acoller os días 30 e 31 de marzo de 2019 as distintas carreiras que compoñen, en todas as súas categorías, o Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo e Substitucións por Equipos deste 2019. E ata terras astures desprazaremos un equipo masculino de 6 deportistas cadetes de segundo ano, A. Prieto, S. Nuñez, L. Lorenzo, A. Elizalde, B. Benavent e P. Tran, que concursarán neste campionato nacional na súa categoría escolar. O sábado pola mañá farano os 6 na modalidade de contrarreloxo por equipos sobre 3,4 quilómetros a pé, 11,2 qm de ciclismo e outros 1,3 qm de carreira a pé. O domingo, tamén en horario matinal e na modalidade de substitucións por equipos, cada un dos rapaces percorrerá 2,2 quilómetros a pé, 6,3 qm de ciclismo e 1,3 qm de carreira a pé distribuidos en dous equipos de 3 duatletas. Toda á información referente a este Nacional de Dúatlon por Equipos podédela atopar na páxina web da Federación Española de Tríatlon a través da seguinte ligazón http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/categoria/competiciones-nacionales/