67 Nadadores de base das Escolas de Natación que a AD.Fogar promove nas localidades de Carballo e Oleiros, tomarán parte este sábado día 1 de decembro de 2018, na primeira xornada do Festival Comarcal de Iniciación á Natación Competitiva que a propia AD.Fogar organiza en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte; evento festivo-competitivo que suma xa os once anos de existencia. A proba, que reúne na Piscina Municipal Carballo Calero a modo de exhibición e como iniciación á competición a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, comezará ás 16:00 hs coa quenda de quecemento e estenderase aproximadamente ata as 18:00 hs, momento no que se premiará a todos os nadadores asistentes coa medalla acreditativa da súa participación. O programa da xornada inclúe as probas dos 25 e 50 metros costas, así como os 50 metros bolboreta-costas na modalidade de pes e brazos en ambas as categorías, a feminina e a masculina. En descargas escola desta mesma web podedes consultar a normativa do festival que é aberto tamén aos centros escolares e as escolas municipais de natación das Comarcas de Bergantiños e As Mariñas.