83 Nadadores de base convocados para o Festival de Promesas


83 Nadadores de base convocados para o Festival de Promesas

83 Nadadores de base das Escolas de Natación que a AD.Fogar promove nas localidades de Carballo e Oleiros, tomarán parte este sábado día 1 de febreiro de 2020, na primeira xornada do Festival Comarcal de Iniciación á Natación Competitiva que a propia AD.Fogar organiza en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte;  evento festivo-competitivo que suma xa os doce anos de existencia. A proba, que reúne na Piscina Municipal Carballo Calero a modo de exhibición e como iniciación á competición a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, comezará ás 16:30 hs coa quenda de quecemento e estenderase aproximadamente ata as 18:00 hs, momento no que se premiará a todos os nadadores asistentes coa medalla acreditativa da súa participación. O programa da xornada inclúe as probas dos 25 e 50 metros costas, así como os 50 metros bolboreta-costas na modalidade de pes e brazos en ambas as categorías, a feminina e a masculina. En descargas escola desta mesma web podedes consultar a normativa do festival que é aberto tamén aos centros escolares e as escolas municipais de natación das Comarcas de Bergantiños e As Mariñas.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.