Hoxe sábado día 4 de decembro de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 1ª xornada da Liga Galega de Promesas en horario de tarde (16:00 horas). A competición levaráse a cabo coa presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido baixo acreditación previa, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Desta volta o noso equipo de promesas conformarano 36 nadadores-as, das cales 6 pertencen á categoría feminina e os 30 restantes á masculina. O programa de probas desta primeira rolda inclúe os 25 metros pes crol e os 25 e 50 metros crol nas categorías feminina e masculina. A convocatorias d@s nos@s, as listaxes de saídas e o protocolo anticovid están dispoñibles no apartado descargas escola desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa da Liga Galega de Natación Promesas para a presente tempada 2021 - 2022. Compre salientar que a tempada pasada @s nos@s nen@s foron 6º dos 18 equipos que tomaron parte nesta liga galega.