A AD.Fogar prepara a súa volta para o día 8 de xuño en fase 3


A AD.Fogar prepara a súa volta para o día 8 de xuño en fase 3

No día de hoxe volvíamos a solicitar ao Concello de Carballo a posibilidade de recuperar os espazos e horarios concedidos para o uso das instalacións deportivas municipais e poder retomar así os adestramentos cos nosos equipos federados de natación e tríatlon nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub23, sénior e máster a partir do 8 de xuño coincidindo co inicio da fase 3 e atendendo ao publicado no BOE do 30 de maio (adxunto a esta nova) para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional dentro do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. A nova orde SND/458/2020 permite a utilización do 30% da capacidade da piscina estimada nuns 5 nadadores por rúa, sen a necesidade de solicitar cita previa e podendo utilizar os vestiarios, urinarios e duchas nun 50%. En canto a nosa sección en Oleiros podemos adiantar que estamos a ultimar os detalles para a volta aos adestramentos dos equipos federados de natación e tríatlon nos espazos naturais e as instalacións descubertas do Concello tamén para o día 8 de xuño.
XA QUEDA MENOS 💪💪💪

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.